No 2019 volvía a Compostela chea de ganas de redescubrir a cidade sendo xa algo "maior". Aos poucos días de comezar setembro fun por primeira vez ao WOS e ao rematar converterase no meu espazo-tempo prefe. Coma tódolos anos fixen a miña lista de spoty (ordenada segundo o horario) para decidirme entre os solapes e ter claro que non perderme💔
https://spotify.link/VEf5ONiE5Cb
Pero polo principio, o WOS é un festival de música electrónica e ruído en xeral que vai pasando ao longo de catro días en localizacións chulas e moi coidadas da cidade. Das confirmacións poucas cousas adoito coñecer, pero sempre é un descubrimento emocionante.
Sen máis voltas, eis as artistas que quero ver dende hai algún tempo e aos que acabo de descubrir e non podo perderme.
A primeira está a ser agora mesmo, Laurel Halo abre o festival, e cando vin a súa confirmación saltei coa emoción. No 2020 xa intentara ir a vela ao Semibreve e non puido ser, desta tampouco. Raw Silk Uncut Wood acompañame dende hai cinco anos nos momentos de mais ruido para devolverme a un lugar mellor. Tiña expectativas de vela a media noite en sala cuns bpms movidos. Non puido ser, seguro que vai ser un concerto emocionante, imposible esquecer a Marina Herlop abrindo no 2019.
Tamén levaba un tempo a ver a DjRUM nalgúns carteis e a intentar liar a alguén para que me acompañara e agora está no WOS!! Laurel e máis el recordanme tanto en sensacións a Nujabes🫠 Estará pechando a noite do sábado, canto desexo este momento. DjRUM é capaz de tocalo todo, dende o ambient ao dnb, que ganas de bailar eses breaks.
Da antes tamén sabía de Actress, inda que non me esparaba a faceta club, pero con ganas de bailar o venres. Tamén o ritmo de What de Bruce pululaba pola miña cabeza, será unha das primeiras actuacións en abrir o sábado noite cun live no que presenta os seus últimos lanzamentos onde tamén canta! Desexando empezar a noite deste xeito. Tamén estou a desexar viaxar pola voz de Iceboy Violet a súa enerxía e as súas texturas.
De entre o descoñecido debezo por estar no concerto de Corine, espero toda unha experiencia ansiosa e de puro ruido para comezar a noite do venres. E ben de activación para rematala a saltos con Lee Gamble.
Ansiosa tamén por oir o ruido de Puce Mary, que pasa case á vez que a armonía de Croatian Amour. O solape máis doloroso 🫢 Polo de agora a miña solución, sabendo que non vai ser o mesmo, é estar puntualísima o sábado as 18h na Eugenio Granell para non perderme a Croatian Amour e Frederik Valentin.
Logo disto, a experiencia inmersiva coas visiais de Aho San ou Abadir coa súa deconstrución a todo gas do folklore? O momento o dirá🤸🏼♂️ Ao sábado a tarde tamén lle pido poder empezalo na Igrexa con Patricia Wolf e o seu ambient etereo que me fai sentir algo semellante a Weyes Blood.
A noite do sábado que cousa, cantas decisións, ganas tamén estar ben bailonga en Black Rave Culture e Lorraina James.
Logo de tanto tome deixo o horario que me fixen nas notas do movil:
Tamén estou moi feliz da aposta do WOS deste ano por situarse no espazo no que se ubica, alén das dúas artistas da escea galega: Akazie e Juait, tamén este ano mudaron as conversas. Ate agora orientadas ao networking e a un eido máis profesional esta ano o WOS conversa coa “escea” que habita: a primeira hora da tarde do venres e do sábado os colectivos e selos de música electrónica do momento en Galica conversan entre sí, oxalá chegar a tempo!
Por certo, no teatro, na igrexa e na Eugenio Granell estade puntuais ou quedaredes as portas 🥲
Ata a próxima 💋💋